O Día das Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

Como cada ano celebramos o Día das Letras galegas. Este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo, lingüista entre outras cousas, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, membro da RAG, e incansable estudoso da literatura galega.

Nado en Ferrol en 1910, con 16 anos marchou a Santiago de Compostela para seguir estudando, en 1931 licenciouse en Dereito e 4 anos despois en Filosofía e Letras.

En Santiago descubriu o galeguismo e formou parte do Seminario de Estudos Galegos, principal institución cultural galeguista.

Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928, Carvalho é o 5º de pé pola esquerda

Moi activista e político, participou na fundación do Partido Galeguista en 1931.

Neses anos escribiu nas máis importantes revistas culturais e literarias e empezou a escribir poesía, primeiro en castelán e logo en galego. Algunhas das súas obras neste época son Vierios en 1931 ou O silenzo axionllado  en 1934.

No 33 volveu a Ferrol, onde conseguiu unha praza de administrativo no Concello e casou con María Ignacia Ramos, compañeira universitaria.

Moi comprometido politicamente, foi presidente do Partido Galeguista en Ferrol e participou na elección do candidato a Presidente da República dentro do Fronte Popular.

Marchou a Madrid uns meses antes do Golpe de Estado do 36 para sacar praza como profesor de instituto. Ca Guerra Civil iniciada, quedouse en Madrid como miliciano onde loitou na defensa da capital, posteriormente obtivo en Valencia o grao de tenente e foi trasladado a Andalucía, onde foi apresado ó final da guerra. Foi condenado a 12 anos de cárcere en Xaén.

Durante a súa etapa de reclusión escribiu a novela Scorpio, publicada no 87, que recolle as súas experiencia durante eses anos. Tamén escribiu teatro, A sombra de Orfeo e Os Xefes, publicadas tamén anos máis tarde, ademais de moitos poemas.

Cunqueiro, Fernández del Riego e Carvalho en 1931 en Santiago

No 1941 conseguiu que o poñan e liberdade provisoria e puido volver a Galicia, como estaba inhabilitado para cargos públicos, ensinou na privada, de 1950 a 1965 deu clases no Colexio Fingoi en Lugo, onde é conselleiro delegado ó ter prohibido tamén ser director. Neses anos escribiu Salterio de Fingoy.

Nunca deixou de escribir, en 1950 o poema Anxo de terra, en 1952 Poemas pendurados de un cabelo. Tamén escribiu narrativa, A xente da Barreira  publicada en 1951, primeira novela en galego publicada na posguerra.

A partir de 1950 participou de forma activa ca Editorial Galaxia.

En 1955 presentou a súa tese doutoral Aportaciones a la literatura gallega comtemporánea, xerme da súa obra Historia da Literatura Galega Contemporánea, publicada en 1963.

Tamén escribiu numerosos estudos e ensaios sobre os principais escritores galegos, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Castelao e Ramón Otero Pedrayo

É nomeado membro numerario da Real Academia Galega (RAG) en 1958.

Por fin, en 1965, levántanlle as sancións e puido exercer como profesor no ensino público. Deu clases de bacharelato no Instituto Rosalía de Castro e de lingua galega na Universidade en Santiago. Mentres seguiu escribindo, no 71 publicou a obra de teatro Catro Pezas.

En 1972 é o primeiro catedrático da recentemente creada cátedra de Lingüistica e Literatura Galega da USC.

Unha estatua del en Santiago

Compaxinou o ensino co estudo da lingüística, escribiu tamén numerosos estudos filolóxicos e lingüisticos, onde profundou nas raíces da lingua galega e foi o principal defensor do reintegracionismo ou lusismo, movemento etimolóxico que identifica ó galego e ó portugués como a mesma lingua. Por iso, a partir de 1981 cambiou o seu apelido de Carballo a Carvalho.

Xa na democracia, en 1979, foi responsable do departamento de educación dunha Xunta de Galicia en formación, que estableceu as bases para o uso do galego na administración.

En 1980, con 70 anos, xubilouse como profesor, mentres continuaba ca súa labor lingüística e escritora. Foi nomeado membro de Honra da fundación reintegracionista Associaçom Galega da Língua  e tamén membro da Academia das Ciências de Lisboa.

Sen descoidar nunca a súa labor escritora, no 82 publicou Teatro Completo e as compilacións das súas obras poéticas, Pretérito imperfeito, 1927-1961 en 1980 e Futuro condicional, 1961-1980 en 1982.

Morreu en Santiago de Compostela en 1990. A súa extensísima biblioteca e arquivo persoal forman parte dende 1997 da biblioteca do Parlamento de Galicia, nunha sala que leva o seu nome.

A continuación unha entrevista da TVG no 87.

 

A continuación en Castellano:

Como cada año celebramos el Día das Letras galegas. Este año está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo, lingüista entre otras cosas, el primer catedrático de Lengua y Literatura Galega de la Universidad de Santiago de Compostela, miembro de la RAG, y incansable estudioso de la literatura galelga.

Nacido en Ferrol en 1910, con 16 años se marchó a Santiago de Compostela para seguir estudiando, en 1931 se licenció e en Derecho y 4 años después en Filosofía y Letras.

En Santiago descubrió el galeguismo y formó parte del Seminario de Estudos Galegos, principal institución cultural galleguista.

Muy activista e político, participó en la fundación del Partido Galeguista en 1931.

En esos años escribió en las más importantes revistas culturales y literarias y empezó a escribir poesía, primero en castellano y después en gallego. Algunas de sus obras en esta época son Vierios en 1931 o O silenzo axionllado  en 1934.

En el 33 volvió a Ferrol, donde consiguió una plaza de administrativo en el Ayuntamiento e se casó con María Ignacia Ramos, compañera universitaria.

Muy comprometido políticamente, fue presidente del Partido Galeguista en Ferrol y participó en la elección del candidato a Presidente de la República dentro del Frente Popular.

Se marchó a Madrid unos meses antes del Golpe de Estado dl 36 para sacar plaza como profesor de instituto. Con la Guerra Civil iniciada, se quedó en Madrid como miliciano donde luchó en la defensa de la capital, posteriormente obtuvo en Valencia el grado de teniente y fue trasladado a Andalucía, donde fue apresado al final de la guerra. Fue condenado a 12 años de cárcel en Jaén.

Durante su etapa de reclusión escribió la novela Scorpio, publicada en 87, que recoge sus experiencias durante esos años. También escribió teatro, A sombra de Orfeo y Os Xefes, publicadas también años más tarde, además de muchos poemas.

En 1941 consiguió que lo pongan en libertad provisional y pudo volver a Galicia, como estaba inhabilitado para cargos públicos, enseñó en la privada, de 1950 a 1965 dió clases en el Colegio Fingoi en Lugo, donde es consejero delegado al tener prohibido también ser director. En esos años escribió Salterio de Fingoy.

Nunca dejó de escribir, en 1950 el poema Anxo de terra, en 1952 Poemas pendurados de un cabelo. También escribió narrativa, A xente da Barreira  publicada en 1951, primera novela en gallego publicada en la posguerra.

A partir de 1950 participó de forma activa con la Editorial Galaxia.

En 1955 presentó su tesis doctoral Aportaciones a la literatura gallega comtemporánea, germen de su obra Historia da Literatura Galega Contemporánea, publicada en 1963.

También escribió numerosos estudios y ensayos sobrel os principales escritores galñegos, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Castelao e Ramón Otero Pedrayo

Es nombrado miembro numerario de la Real Academia Galega (RAG) en 1958.

Por fin, en 1965, se le levantan las sanciones y  pudo ejercer como profesor en la enseñanza pública. Dio clases de bachillerato en el Instituto Rosalía de Castro y de lengua gallega en la Universidad en Santiago. Mientras siguió escribiendo, en 71 publicó la obra de teatro Catro Pezas.

En 1972 es el primer catedrático de la recién creada cátedra de Lingüística y Literatura Galega de la USC.

Compaginó la enseñanza con el estudio de la lingüística, escribió también numerosos estudios filológicos y lingüísticos, donde profundizó en las raíces de la lengua gallega y fue el principal defensor del reintegracionismo o lusismo, movemiento etimológico que identifica al gallego y al portugués como la misma lengua. Por eso, a partir de 1981 cambió su apellido de Carballo a Carvalho.

Ya en la democracia, en 1979, fue responsable del departamento de educación de una Xunta de Galicia en formación, que estableció las bases para el uso del gallego en la administración.

En 1980, con 70 anos, se jubiló como profesor, mientras continuaba con su labor lingüística e escritora. Fue nombrado miembro de Honor de la fundación reintegracionista Associaçom Galega da Língua  y también miembro de la Academia das Ciências de Lisboa.

Sin descuidar nunca su labor escritora, en el 82 publicó Teatro Completo y las compilaciones de sus obras poéticas, Pretérito imperfeito, 1927-1961 en 1980 y Futuro condicional, 1961-1980 en 1982.

Murió en Santiago de Compostela en 1990. Su extensísima biblioteca y archivo personal forman parte desde 1997 de la biblioteca dl Parlamento de Galicia, en una sala que lleva su nombre.

 

 

BIBLIOGRAFÍA:

https://academia.gal/letras-actual

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Pin It on Pinterest

Scroll Up