O Día das Letras Galegas 2019: Antón Fraguas

Como cada ano, como galegos orgullosos, non podemos deixar de falar do Día das Letras Galegas, este ano o homenaxeado é Antón Fraguas, un escritor, historiador, etnógrafo, xeógrafo e antropólogo que aprendeu con Castelao e sufriu a represión da Guerra Civil pero que destacaría coma un referente cultural durante anos.

Antón Fraguas Fraguas naceu en Cotobade, Pontevedra en 1905, cursou os seus estudos en Pontevedra onde foi alumno de Castelao e Antón Losada Diéguez (homenaxeado no 85), con 18 anos fundou con outros a Sociedade da Lingua para defender o galego, e despois marchou a Universidade de Santiago de Compostela onde estudou Filosofía e Letras. 

Dende moi pronto mostrou gran curiosidade pola cultura, en Santiago ingresou nas Irmandades da Fala (un dos primeiros movementos galeguistas políticos)  e no Seminario de Estudos Galegos (institución para divulgar o patrimonio cultural galego), dúas das principais asociacións galeguistas culturais da época. No Seminario empezou a estudar a xeografía histórica das Rías Baixas e o folclore do Entroido galego.  Nesa época coñece a xente como Vicente Risco, un dos principais teóricos do nacionalismo galego e Ramón Otero Pedrayo, un dos máis importantes escritores galegos, homenaxeado no 88.

Antón Fraguas no 25
Antón Fraguas no 25

No 33 empezou de profesor en A Estrada, pero o comezo da Guerra Civil significou o seu despido polas súas actividades a favor do galeguismo, sobreviviu na escola privada ata 1950 cando por fin conseguiu unha cátedra en Lugo. Empezou a participar de forma activa en distintos museos ata que conseguiu o traslado a Santiago en 1959.

Ca desaparición por mor do franquismo do Seminario de Estudos Galegos, fúndase no 44 o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, unha sorte de continuación do anterior sen carácter político e centrado na arqueoloxía e historia galegas e asociado o CSIC, nel participaría Antón Fraguas como a maioría dos intelectuais que sobreviviron á guerra e á represión. A labor cultural de Antón Fraguas é inmensa, axuda a fundar no 47 a actual Fundación Rosalía de Castro, onde foi tesoureiro. Por todo isto, no 51 é designado membro da Real Academia Galega (RAG), que operaba na clandestinidade, ocupando o lugar de Castelao, que morrera un tempo antes no exilio.

Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928, Antón Fraguas é o 2º pola esquerda arriba
Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928, Antón Fraguas é o 2º pola esquerda arriba

Un dos seus cometidos máis importantes foi o estudo da historia e a tradición galegas, facendo un profundo estudo sobre o traxe tradicional galego. No 63 é nomeado director do Museo Municipal de Santiago, que no 75 converteríase no Museo do Pobo Galego, do que máis tarde sería presidente.

Unha vez xubilado, no 75, continuou a súa labor cultural, tan importante para recuperarse de anos e anos de represión, participando no 83 no Consello de Cultura de Galicia na sección de antropoloxía cultural e sendo membro da Real Academia Galega de Ciencias mentres continuaba con seus diversos programas e estudos sobre antropoloxía e historia. Por todo isto, a Xunta de Galicia noméao Cronista xeral de Galicia no 92. No 94, estando practicamente retirado, doa a súa inxente colección, uns 20000 volumes, o Museo do Pobo Galego. Ata case antes de morrer segue escribindo, chegando a publicar máis de 1300 artigos  en todo tipo de xornais e revistas especializadas. Entre outros premios e homenaxes recibiu a Medalla Castelao no 84 e no 95 a medalla das Artes e das Letras de Galicia

Antón Fraguas morrería no 99, con 93 anos, en Santiago, sendo enterrado no Cemiterio de Boisaca, onde descansan algúns dos máis importantes persoeiros de Galicia.

Unha pequena entrevista a Antón Fraguas de vello

A continuación en Castellano:  

Como cada año, como gallegos orgullosos, no podemos dejar de hablar del Día das Letras Galegas, este año el homenajeado es Antón Fraguas, un escritor, historiador, etnógrafo, geógrafo e antropólogo que aprendió con Castelao e sufrió la represión de la Guerra Civil pero qué destacaría como un referente cultural durante años.

Antón Fraguas Fraguas nació en Cotobade, Pontevedra en 1905, cursó sus estudios en Pontevedra donde fue alumno de Castelao y Antón Losada Diéguez (homenajeado en el 85), con 18 años fundó con otros la Sociedade da Lingua para defender el gallego, y después se marchó a la Universidad de Santiago de Compostela donde estudió Filosofía y Letras. 

Desde muy temprano mostró gran curiosidad por la cultura, en Santiago ingresó en las Irmandades da Fala (uno de los primeros movimientos galleguistas políticos)  y en el Seminario de Estudos Galegos (institución para divulgar el patrimonio cultural gallego), dos de las principales asociaciones galleguistas culturales de la época. En el Seminario empezó a estudiar la geografía histórica das Rías Baixas y el folclore del Carnaval gallego.  En esa época conoce a gente como Vicente Risco, uno de los principales teóricos dl nacionalismo gallego y Ramón Otero Pedrayo, uno de los más importantes escritores gallegos, homenajeado no 88.

En el 33 empezó de profesor en A Estrada, pero el comienzo de la Guerra Civil significó su despido por sus actividades a favor del galleguismo, sobrevivió en la escuela privada hasta 1950 cando por fin consiguió una cátedra en Lugo. Empezó a participar de forma activa en distintos museos hasta que consiguió el traslado a Santiago en 1959.

Con la desaparición por culpa del franquismo del Seminario de Estudos Galegos, se funda en el 44 el Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, una suerte de continuación do anterior sin carácter político y centrado en la arqueología e historia gallegas y asociado al CSIC, en el participaría Antón Fraguas como la mayoría de los intelectuales que sobrevivieron a la guerra y a la represión. La labor cultural de Antón Fraguas es inmensa, ayuda a fundar en el 47 la actual Fundación Rosalía de Castro, donde fue tesorero. Por todo esto, en el 51 es designado miembro de la Real Academia Galega (RAG), que operaba en la clandestinidad, ocupando el lugar de Castelao, que muriera un tiempo antes en el exilio.

Uno dos sus cometidos más importantes fue el estudio de la historia y la tradición gallegas, haciendo un profundo estudio sobre el traje tradicional gallego. En el 63 es nombrado director do Museo Municipal de Santiago, que en el 75 se convertiría en el Museo do Pobo Galego, del que más tarde sería presidente.

Una vez jubilado, en el 75, continuó su labor cultural, tan importante para recuperarse de años y años de represión, participando en el 83 en el Consello de Cultura de Galicia en la sección de antropología cultural y siendo miembro de la Real Academia Galega de Ciencias mientras continuaba con sus diversos programas y estudios sobre antropología e historia. Por todo esto, la Xunta de Galicia lo nombra Cronista general de Galicia en el 92. En el 94, estando prácticamente retirado, don  su ingente colección, unos 20000 volúmenes, al Museo do Pobo Galego. Hasta case antes de morir sigue escribiendo, llegando a publicar más de 1300 artículo  en todo tipo de periódicos y revistas especializadas. Entre otros premios y homenajes recibió la Medalla Castelao en el 84 y en el 95 la medalla de las Artes e das Letras de Galicia

Antón Fraguas moriría en el 99, con 93 anos, en Santiago, siendo enterrado en el Cementerio de Boisaca, donde descansan algunos de las más importantes personalidades de Galicia.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Pin It on Pinterest

Scroll Up